Normativa

Farano a través da web legaliciate.gal, que inclúe recomendacións e instrucións para guiar aos propietarios no proceso de regularización dos seus aloxamentos

Xunta e Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia (Aviturga) colaborarán para mellorar a ordenación e normalización deste tipo de aloxamentos coa posta en marcha dunha web, Legaliciate.gal a través da que se ofrecerán recomendacións e instrucións para guiar aos propietarios no proceso de regularización dos seus aloxamentos. A acción acordada entre ambas as entidades inclúe, ademais, unha campaña online que se desenvolverá durante todo o verán e os meses posteriores e que resume os principais requirimentos.

A nova web ofrece aos usuarios respostas ás preguntas máis frecuentes sobre esta modalidade de aloxamento, facilita a descarga dos impresos necesarios para a súa regulamentación e pon a disposición dos propietarios unha guía que condensa en catro indicacións os pasos a seguir para ofertar un aloxamento deste tipo cumprindo coa legalidade. A través desta medida, o Goberno galego e Aviturga favorecen o cumprimento da lexislación vixente por parte dos propietarios e reforzan a imaxe de Galicia como destino seguro, fiable e de calidade.

Do mesmo xeito, a plataforma legaliciate.gal ofrece un formulario dixital a través do cal Aviturga xestionará calquera tipo de incidente que xurda no desenvolvemento desta actividade. Ademais, nos próximos días porase en marcha unha aula virtual de formación permanente que ofrecerá un ciclo de webinars destinados a formar aos propietarios de vivendas turísticas sobre os protocolos a aplicar este verán para garantir a máxima seguridade hixiénico-sanitaria.

Obrigacións dos propietarios de VUTs
A web recolle así os requisitos establecidos na normativa autonómica que regula as vivendas de uso turístico para a súa comercialización, ademais de dar de alta a vivenda en Turismo de Galicia, facer o pago correspondente da taxa e unha declaración responsable. A web tamén recolle as obrigacións dos propietarios das VUT’s entre os que destaca cumprimentar os libros de rexistro de entrada e saída de viaxeiros e informar Garda Civil ou Policía nacional, en función do concello no que desenvolvan a súa actividade e facilitar trimestralmente os datos de ocupación á Xunta.

25 de Xuño de 2020

A Xunta colabora con Aviturga nunha iniciativa para mellorar a ordenación das Vivendas de Uso Turístico

Farano a través da web legaliciate.gal, que inclúe recomendacións e instrucións para guiar aos propietarios no proceso de regularización dos seus aloxamentos Xunta e Asociación de […]
08 de Xaneiro de 2020

A pioneira Lei de aproveitamento lúdico das augas termais de Galicia entrará en vigor no mes de febreiro

Tras a súa publicación no Diario Oficial de Galicia como Lei 8/2019 de 23 de decembro, de regulación do aproveitamento lúdico das augas termais de Galicia, […]
07 de Xaneiro de 2020

A Xunta intensificará os controis sobre as vivendas de uso turístico tras a entrada en vigor dos cambios na súa regulación

Os propietarios deberán incorporar o seu número de rexistro nas plataformas online nas que se oferten e remitir trimestralmente os seus datos de ocupación Tras a […]
26 de Febreiro de 2018

Aprobada definitivamente a adaptación ao marco europeo do decreto de axencias de viaxes de Galicia que ofrecerá maior protección aos usuarios

Nun prazo breve o Diario Oficial de Galicia recollerá a aprobación definitiva da adaptación á normativa europea do decreto que regula o funcionamento das axencias de […]