A Feira Internacional de Turismo Fitur desenvolverá o seu evento de networking a partir de mañá, 5 de maio e ata o 5 de xuño, a través da plataforma FITUR LIVEConect. Todas as persoas rexistradas como visitantes profesionais poderán acceder á plataforma sen custo adicional. O custo do abono profesional permanente é de 20 euros, mentres que o abono dun día ten un custo de 10 euros. En FITUR LIVEConect pode contactar cos provedores, produtos, contido e destinos que participan na feira. Ademais, a plataforma inclúe unha ferramenta que permite contactar cos expositores a través de chats e videochamadas. A plataforma é accesible tanto desde a web como desde unha aplicación para dispositivos móbiles. Os profesionais interesados en rexistrarse poden facelo NESTA LIGAZÓN.