A 49ª edición do “Festival Interceltique de Lorient” (Francia), que arrancou o pasado 2 de agosto para celebrar a tradición das nacións celtas, conta este ano con Galicia como territorio convidado baixo o título “Année de la Galice”.

 

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, inaugurou o pavillón que ata o próximo día 11 se adicará á nosa comunidade. Neste acto, o representante do Goberno galego desexou que a presenza galega neste evento sirva para proxectar a nosa cultura e identidade coa ollada posta no próximo Xacobeo 21, un evento “que situará a Galicia como epicentro cultural a nivel internacional”. E apuntou, “o que veredes nos próximos días neste pavillón é unha mostra de todo o bo que a cultura galega pode ofrecerlle ao mundo”, agardando que esta celebración permita “estreitar aínda máis os lazos entre Galicia e Bretaña”.

 

O Clúster de Turismo conta cun posto destacado dentro do pavillón de Galicia para amosar ao público asistente a oferta da nosa comunidade como destino cultural, gastronómico e turístico de calidade, acompañando ao gran programa artístico de música e danza que se desenvolverá ao longo da semana.

 

Agárdase que pasen polo festival máis de 750.000 persoas chegadas de todo o mundo durante os nove días de celebración, ademáis dos aproximadamente 4500 artistas dunha ducia de países, o que supón unha grande oportunidade para facer gala da nosa calidade como destino.

 

Galicia mostrará nesta histórica cita o mellor da súa tradición musical, acollendo no recinto 55 concertos nos que participarán máis de 300 atrtistas. Asistirán tanto músicos de renome como Carlos Núñez ou Mercedes Peón coma outros que están a renovar a nosa tradición musical, como Davide Salvado

 

 

‘Grand Nuit de Galice’

 

Hoxe luns celebrarase A Grand Nuit de Galice, na que a tradición galega será protagonista, mentres que o martes terá lugar un obradoiro de baile galego da man de Xacarandaina. O mércores pasarán polo pavillón de Galicia en Lorient Ariel Ninas, Do Fondo da Barra e, xa pola noite, no Espace Marine, actuará o grupo Milladorio, unha das bandas máis recoñecidas da música galega.

 

O xoves ocupará ese mesmo escenario o gaiteiro galego Carlos Núñez mentres que o venres o prato forte do Festival de Lorient será a actuación do músico Xosé Lois Romero. Xa o sábado, o evento rematará coa actuación da artista Mercedes Peón.

05 de Agosto de 2019
Inauguracion Lorient

O Clúster de Turismo de Galicia presente no Festival Intercéltico de Lorient para promocionar a súa calidade como destino

A 49ª edición do “Festival Interceltique de Lorient” (Francia), que arrancou o pasado 2 de agosto para celebrar a tradición das nacións celtas, conta este ano […]
18 de Xuño de 2018

Nace a marca Fest Galicia para apoiar os festivais musicais de verán e promover Galicia como destino musical de calidade

PortAmérica, Resurrection Fest, Atlantic Fest, Vive Nigrán, Sinsal SON Estrela Galicia, 17ºRibeira Sacra, Sorrías Baixas, Revenidas, Festival da Luz e WOS Festival son os 10 encontros […]
23 de Maio de 2018

Oito espectáculos de música únense para constituír a Asociación dos Festivais de Galicia

Co obxectivo de contribuír a profesionalizar o sector, aumentando unha oferta de calidade sustentable coa contorna constituíuse a Asociación de Festivais de Galicia. Oito espectáculos asócianse […]
18 de Febreiro de 2015

Una original velada con música y vino en Pazo Rubianes

Camelia, música y vino. El departamento de entourismo y eventos del Pazo de Rubianes ha organizado para este sábado la primera edición de su Romantic Lunch, […]