Xa coñecemos os finalistas da primeira edición do Concurso Provincial de Tapas de Lugo, promovido pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl): Casa Dauga, Río Lea, Paprica, Curruncho, A Nosa Terra e Arrocería Os Cachivaces resultados ser os escolidos para pasar á fase final do certame, según a votación popular.

Así, o público do certame decidiu que as mellores propostas foron o crocante de tartar de carne recheo de pesto de noces e queixo do Cebreiro presentado pola Casa d’Auga (Lugo), o roliño de polo con salsa de azafrán e crocante de xamón do restaurante Río Lea (Castro de Ribeiras de Lea), a salchicha de bonito de Burela con interpretación dun marmitako das súas espiñas coa que competiu o Paprica (Lugo), a Lambiscada do Curruncho A Nosa Terra (Lugo) –que tamén foi a máis votada como mellor maridaxe con Estrella Galicia– e o tataki de atún proposto pola Arrocería Os Cachivaches (Lugo).

Agora será un xurado profesional o que valore estas creacións nunha final que se celebrará do 7 ao 9 de agosto e na que o público poderá degustar de novo as tapas finalistas.

Xunto ao director técnico do concurso, Quique Rodríguez, que é editor xefe e asesor gastronómico do portal Gastronomicum.net, estarán Bárbara Buenache, chef executiva da cadena Sushimore e presidenta da Federación de Cociñeiros e Reposteiros da Comunidade de Madrid (Acyre); Rocío Garrido Caramés, autora do libro Cociñando coas razas autóctonas e do blog La cocina de mi abuelo, e Cristina Martínez “Garbancita”, divulgadora gastronómica.

29 de Xullo de 2015

Casa D'Auga, Río Lea, Paprica, Curruncho A Nosa Terra e Arrocería Os Cachivaces, finalistas do Concurso Provincial de Tapas de Lugo

Xa coñecemos os finalistas da primeira edición do Concurso Provincial de Tapas de Lugo, promovido pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo […]
13 de Xullo de 2015

Lugo celebra a primeira edición do seu Concurso Provincial de Tapas

Fegatur recolle as suxestións dos seus asociados para mellorar a promoción da nova edición do Outono Gastronómico O I Concurso Provincial de Tapas de Lugo, impulsado […]
02 de Xullo de 2015

El Clúster Turismo de Galicia celebra un encuentro de trabajo en Lugo con la directora de Turismo de Galicia, Nava Castro

En la capital lucense también se celebró la reunión mensual de su Comité Ejecutivo, máximo órgano de dirección del Clúster, que se reunía por vez primera […]
29 de Xuño de 2015

Semana decisiva para o recoñecemento dos Camiños do Norte como Patrimonio da Unesco

Desde este domingo e ata até o vindeiro 8 de xullo os Camiños do Norte xóganse en Bonn, Alemaña, a súa inclusión na lista do Patrimonio […]