Hostelería Compostela

A entidade engloba a máis de 700 empresas e a máis de 10.000 veciños de oito asociacións de diferente carácter que se uniu en Compostela

Representantes veciñais, hostaleiros, inmobiliarias e de estudantes Erasmus, entre outros, constituíron a nova Plataforma pola Regulación de Vivendas de Uso Turístico de Galicia que agrupa a máis de 700 empresas e 10 mil veciños co obxectivo de pór freo a llass vivendas de aloxamento turístico ilegais e paliar as consecuencias que ten tanto no ámbito social como económico. A Asociación Hostalaría Compostela, Apartugali, a Asociación Galega de Inmobiliarias, a Unión Hostaleira Compostela, Raigame, Barrio Xardín, Erasmus.gal e Compostela Trip Rental presentaron onte o manifesto fundacional desta Plataforma, que nace con vocación de observatorio do cumprimento da legalidade e como instrumento “facilitador” de que as denuncias das irregularidades cheguen á autoridade competente na materia.

Carlos Debasa, presidente da Asociación Galega de Inmobiliarias (Agalín) denunciou que os cálculos indican que hai máis dun 80 % de prazas sen legalizar en toda Galicia que se ofertan en portais on-line, e que non ofrecen as garantías que ampara a lexislación para asegurar os dereitos dos consumidores e os cidadáns.

As consecuencias desta situación, subliñou, “son patentes e coñecidas”: caída da oferta de vivenda en aluguer, prezos inasumibles para os veciños, despoboamento das zonas de maior demanda turística, tendencia a unha oferta de negocios centrada nesta actividade ou desprazamento progresivo da poboación, enumerou Debasa.

No caso de Santiago de Compostela, esta situación agrávase polo propio modelo de cidade, que ten o compoñente engadido dunha gran comunidade universitaria, moita dela estranxeira. Neste sentido, a plataforma referiuse aos problemas que teñen os estudantes e, en particular, os Erasmus que realizan a súa formación na cidade, posto que ven obrigados a quedar á marxe da “vida social” e dificulta a súa integración. Os obxectivos da nova plataforma diríxense, especificamente, en facer fronte aos casos de irregularidades e ofrecer a súa colaboración ás administracións públicas para asegurar o cumprimento da lei e paliar as consecuencias desta alegalidad, canalizando as denuncias cara ao Instituto Galego de Consumo, pero sempre desde “un papel construtivo” para formular e propor alternativas e realizar achegas a novas normativas. De feito, queren ser un dos actores na mesa constituída pola Xunta e o Concello de Santiago de face á elaboración da regulación e normativa municipal nesta materia.

09 de Marzo de 2020

Nace a Plataforma pola Regulación de Vivendas de Uso Turístico de Galicia

A entidade engloba a máis de 700 empresas e a máis de 10.000 veciños de oito asociacións de diferente carácter que se uniu en Compostela Representantes […]
20 de Febreiro de 2020

Caldo de Gloria en Compostela e petiscos en Lugo

A hostalaría e o comercio compostelán únense para celebrar o Día de Rosalía 2020 Lugo acolleu a presentación do I Campionato Oficial de Petiscos e Tapas […]
16 de Outubro de 2019

Chega outono… e con él tamén os concursos de tapas

Despois de Coruña e Lugo, é a quenda para gozar destas pequenas creacións en Ourense, Vigo ou Santiago Os concursos de tapas son un atractivo no […]
01 de Agosto de 2019

O BNG e Hostalaría Compostela presentan unha iniciativa para a promoción dos viños galegos con denominación de orixe en Santiago

Co obxectivo de contribuír á promoción dos viños con denominación de orixe galega, o grupo municipal do BNG en Santiago e a Asociación Hostalaría Compostela promoverán […]