Fundación ONCE

A Organización Mundial do Turismo, OMT, e Fundación ONCE lanzaron a primeira convocatoria das Mencións “Destinos Turísticos Accesibles”, ATD, polas súas siglas en inglés, que recoñecerán e promocionarán lugares accesibles para todas as persoas.

Co obxectivo de dar a coñecer aqueles lugares que fan un esforzo importante para que o seu destino poida ser gozado por calquera turista, independentemente das súas capacidades físicas, sensoriais ou cognitiva, a OMT e a Fundación ONCE lanzaron a primeira edición dos seus premios Destinos Turísticos Accesibles, un recoñecemento ao nivel de accesibilidade conseguido nos destinos turísticos, xa que non se trata dunha certificación formal de destino accesible que avale esa accesibilidade.

Cunha periodicidade anual, o premio entregarase a un destino de forma global pero tamén incluirá recoñecementos en varias categorías: destinos urbanos, de sol e praia, de montaña, rurais ou de patrimonio cultural, que poderán optar a estas distincións. Aqueles destinos turísticos que queiran participar deberán presentar unha memoria onde aludan aos proxectos previos de accesibilidade e describan a situación actual do destino turístico nesta materia. En concreto, valorarase a accesibilidade dos seguintes aspectos: planificación, información previa e reservas, transporte de chegada/saída ao destino, aloxamento, restauración, transporte urbano e interurbano no destino, recursos turísticos e administracións públicas de turismo.

O xurado dos recoñecementos estará integrado por entidades de xestión de destinos turísticos, organizacións de consumidores, asociacións de empresas (hoteis, restauración, transporte?), Organización Mundial do Turismo e Fundación ONCE. Os interesados en participar na primeira convocatoria destes galardóns poden enviar as súas solicitudes a adt@unwto.org até o próximo 30 de xuño. A resolución dos destinos premiados difundirase nun acto previsto para o último trimestre de 2019.

Descarga as bases do premio

29 de Maio de 2019

OMT e Fundación ONCE buscan os mellores destinos turísticos accesibles

A Organización Mundial do Turismo, OMT, e Fundación ONCE lanzaron a primeira convocatoria das Mencións “Destinos Turísticos Accesibles”, ATD, polas súas siglas en inglés, que recoñecerán […]