Consellería de Cultura e Turismo

A previsión é que 2019 acabe cunha nova marca, alcanzando o 350 mil peregrinos

José Antonio Vázquez, un peregrino valisoletano que realizaba a Ruta Xacobea por segunda ocasión, con medio século de diferenza entre o primeiro e este segundo Camiño, foi o peregrino 300 mil nun ano en que previsiblemente se volverá a superar a marca de chegada de romeus, cunha previsión que se sitúa ao redor do 350 mil a finais de ano, procedentes de máis de 180 nacionalidades.

A chegada do peregrino 300 mil prodúcese, ademais,14 días antes que o ano pasado, o que tamén supón unha cifra histórica. O peregrino, José Antonio Vázquez, que percorreu o Camiño Francés desde León 50 anos despois de percorrelo por primeira vez, recibiu en Compostela unha Compostela especial de mans do deán da Catedral nun acto no que tamén participou o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez. Este último destacou o crecemento sustentable da Ruta e asegurou que “é cedo para facer balance porque aínda queda un trimestre, pero estamos seguros de que superaremos a cifra dos 327.000 do ano pasado”, e engadiu que o importante “non é o crecemento”, senón os valores que leva asociados e a riqueza sociocultural e económica que xera.

O conselleiro lembrou o carácter internacional e descentralizado do Camiño de Santiago, que está a experimentar un incremento de peregrinos nas súas diferentes rutas, unha peregrinaxe que ademais de ser “unha fonte de orgullo, é unha fonte de riqueza a todos os niveis para os 138 concellos polos que pasan e para toda Galicia”.

04 de Outubro de 2019

O peregrino 300 mil chegou este ano 14 días antes.

A previsión é que 2019 acabe cunha nova marca, alcanzando o 350 mil peregrinos José Antonio Vázquez, un peregrino valisoletano que realizaba a Ruta Xacobea por […]
16 de Setembro de 2019

A Xunta de Galicia anuncia un investimento de 7 millóns de euros para a ampliación e mellora da rede pública de albergues de face ao Xacobeo 21

O Plan Estratéxico do Xacobeo 21 inclúe unha programación que será presentada a finais de ano e anticipa unha convocatoria de axudas para impulsar o turismo […]
16 de Xullo de 2019

A Consellería de Cultura e Turismo asina convenios cos 11 xeodestinos para o impulso de actividades de promoción turística nun centenar de concellos

O compromiso da Xunta suporá un investimento de máis de medio millóns de euros Co obxectivo de difundir o potencial turístico dos concellos que conforman os […]
08 de Xullo de 2019

A Xunta asumirá a rehabilitación da Casa-Torre da Tinería, en Lugo, para convertela nun espazo vencellado ao turismo enogastronómico

A Casa- Torre da Tinería, en Lugo, coñecida tamén como o antigo hospital de San Miguel e propiedade da Xunta, pasará a ser un centro de […]