A Xunta de Galicia, Turismo Porto e Norte de Portugal, a Dirección Rexional de Cultura do Norte e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal colaborarán no proxecto europeo ?Fazendo Camiño?, co obxectivo de consolidar as rutas do Camiño de Santiago na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e impulsar o seu aproveitamento sustentable como un recurso patrimonial cultural e natural transfronteirizo.
Esta semana Galicia acolle as primeiras accións do proxecto europeo consistentes en reunións técnicas para dar a coñecer o modelo de xestión en Galicia así como os traballos de face ao próximo Ano Santo, visitas de campo para coñecer a rede pública de albergues da Xunta, mostrando o traballo levado a cabo na rehabilitación de inmobles para a acollida de peregrinos tomando como exemplo o Camiño de Fisterra e Muxía.
Fazendo Camiño foi aprobado no marco da segunda convocatoria do Programa Interreg V (POCTEP) desenvolverase até o ano 2021, cunha serie de actividades que buscan mellorar a xestión conxunta e a afluencia turística do Camiño de Santiago, así como incrementar a implicación local na conservación e protección da Ruta Xacobea.
Entre as distintas actividades programadas incluirase a creación en Portugal do Consello Luso-Galaico do Camiño de Santiago no que estarán representados todos os beneficiarios que buscará lograr o recoñecemento institucional que precisan as rutas xacobeas en Portugal para o seu desenvolvemento ordeado e sustentable.
Estudos do Camiño en Portugal e Galicia
En virtude deste programa tamén se prevé a realización de estudos e análises estatísticas que permitan coñecer as particularidades do Camiño de Santiago en territorio luso e galego que sirvan como base dunha estratexia transfronteiriza conxunta atendendo a todas as compoñentes da Ruta Xacobea, tanto territorial como turística, económica e patrimonial.
Impulso conxunto da Vía da Prata
Tamén no ámbito do impulso ao Camiño de Santiago desenvolveuse un encontro entre responsables de cultura e presidentes das as comunidades autónomas de Galicia, Andalucía, Estremadura e Castela e León do que, entre outros acordos, concluíuse a necesidade de trasladar ao Goberno central a necesidade de crear un Plan nacional dos Camiños de Santiago para o impulso global das Rutas Xacobeas e de conexión cos sucesivos anos santos.
O catro comunidades acordaron, ademais, crear unha mesa de traballo que permita contar cunha planificación coordinada para o desenvolvemento desta ruta así como crear unha mesa de traballo que permita contar cunha planificación coordinada para o seu desenvolvemento, solictando, ademais, a inclusión de Galicia e Andalucía na candidatura da Vía da Prata, liderada por Estremadura, que nestes momentos está na Lista Indicativa de Candidaturas Españolas para formar parte do Patrimonio da Humanidade. Por último trasladaron a decisión de solicitar ao Consello Xacobeo a incorporación a este órgano de Estremadura e Andalucía, xa que deste órgano só forman parte as comunidades polas que pasan camiños Patrimonio da Humanidade.