O Clúster Turismo de Galicia, en colaboración coa Axencia Turismo de Galicia, continúa a impulsar a implantación de SIMADA (Sistema de Monitorización de Datos de Aloxamento), unha plataforma deseñada para reforzar a competitividade do sector aloxativo a través da análise avanzada de datos.
A ferramenta permite aos establecementos acceder a información actualizada sobre ocupación, evolución de prezos e comportamento da demanda, facilitando unha toma de decisións baseada en indicadores reais do mercado.
A través da conexión automatizada cos sistemas de xestión (PMS), SIMADA transforma os datos operativos en informes claros e comparativas útiles, entre as que destacan:
Toda a información preséntase de forma anonimizada e cumprindo estritamente a normativa de protección de datos, garantindo a confidencialidade de cada establecemento participante.
A adhesión ao sistema é sinxela e non require coñecementos técnicos específicos. Cun proceso de conexión áxil, os aloxamentos poden comezar a recibir información estratéxica que contribúe a optimizar ingresos, axustar tarifas e detectar oportunidades de mercado en tempo real.
Desde o Clúster anímase aos establecementos de aloxamento de Galicia a sumarse a esta iniciativa, que reforza a dixitalización do sector e avanza cara a un modelo de xestión máis eficiente e competitivo. As empresas interesadas en sumarse poden cumprimentar o seguinte formulario habilitado.