Sanxenxo acolle unha xornada sectorial do programa Re-Acciona TIC sobre os desafíos da dixitalización turística

Sanxenxo acolle unha xornada sectorial do programa Re-Acciona TIC sobre os desafíos da dixitalización turística

A elevada velocidade de transformación que vive o sector turístico expón novos desafíos para os seus profesionais, que deben estar ao tanto da como está a afectar este proceso imparable á industria turística. Con este obxectivo o Auditorio Emilia Pardo Bazán en Sanxenxo acolle o próximo 15 de marzo unha xornada sectorial dentro do programa Re-Acciona TIC baixo o título “A dixitalización do turismo e os seus desafíos”.

Organizada polo IGAPE en colaboración coa Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), a xornada é aberta e dirixida a persoal directivo e responsables de empresas do sector turístico. Para máis información ou confirmación de asistencia: comunicacion.reacciona@igape.es ou no teléfono 986 419 922 (ext.2030)

PROGRAMA
10.00 Presentación institucional. Francisco González. Presidente. Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo.

Igape. José Manuel Fernández. Xerente Igape IP

Amtega. Eladio Otero. Xefe do Departamento de Innovación Tecnolóxica

10.10 As claves da campaña “Presume de Galicia”
Ton Mugico. CEO. Mr. Turismo, mercadotecnia en acción.

10.30 Caso de éxito de Re-acciona
Maria Jesús Otero Acuña, xerente Nabia Naviera

10.50 Programa Re-acciona TIC: servizos para o fomento da economía dixital nas pemes
Igape. José Manuel Fernández. Xerente Igape IP

11.10 Rolda de preguntas

11.30 Networking

mailing_cluster_sanxenxo_definitivo-01