O turismo de cruceiros, sector en alza, promociónase en Florida

Turismo de Galicia participou no evento Cruise 360 que se celebra na cidade de Fort Lauderdale en Florida co obxectivo de promover a nosa comunidade como destino de cruceiros no leste dos Estados Unidos de América

A nosa comunidade recibiu o ano pasado un total de 345.665 pasaxeiros de cruceiros, o que supón un incremento do 1,1% en relación ao 2013

Co obxectivo de promocionar o destino Galicia neste sector profesional, Turismo de Galicia participou na cidade de Fort Lauderdale (Florida) no Cruise 360, una feira profesional dirixida aos operadores turísticos especializados máis importantes desta área xeográfica e na que se desenvolveron xuntanzas de traballo, seminarios e conferencias, que permitiron contactar con operadores turísticos e consignatarios norteamericanos. Deste xeito, Turismo de Galicia participou en xuntanzas individuais con axentes turísticos especializados en cruceiros, e en distintas reunións colectivas para difundir os valores e os servizos turísticos de Galicia, en xeral, e a capacidade para atraer cruceiros, en particular.

E é que o turismo de cruceiros é un sector en alza na nosa comunidade e así o demostran os datos. O turismo de cruceiros en Galicia pasou de mover uns 120.000 pasaxeiros en 2003 a máis de 345.000 en 2014. Concretamente a nosa comunidade recibiu no pasado ano a un total de 345.665 pasaxeiros de cruceiros, o que supón un incremento do 1,1% en relación ao 2013. O turismo de cruceiros presenta, polo tanto, un gran potencial e un gran recursos desestacionalizador, xa que a súa influencia alárgase dende o mes de abril ata outubro principalmente. A cidade de Vigo foi a que máis pasaxeiros de cruceiros recibiu no pasado ano cun total de 176.019 e un incremento do 2,5% en relación ao ano anterior. Deste xeito, o porto do sur de Galicia acolleu o 50,9% do total dos cruceiristas que chegaron a nosa comunidade.

No segundo lugar situouse o porto de A Coruña, o cal albergou un total de 129.597 pasaxeiros procedentes de cruceiros, un 37,4% do total. Á cidade de A Coruña síguelle o porto de Ferrol cun total de 39.017 pasaxeiros, o que supón o 11,3% do total. Compre destacar o espectacular incremento rexistrado por este porto que no pasado ano incrementou os seus cruceiristas nun 295,5%, en relación ao ano 2013. Por último, o porto de Vilagarcía acolleu 1.032 pasaxeiros de cruceiros ao longo do 2014, o que supón o 0,3% do total de cruceiristas que visitaron a nosa comunidade.

 

ACTUALIDADE
15-6-2021

Prego de condicións que rexerán a contratación dun servizo de "MELLORA DOS MECANISMOS DE COMERCIALIZACIÓN, ACTUACIÓNS DE PROMOCIÓN ONLINE E PROMOCIÓN NA CANLE DE VENDA PRESENCIAL PARA GALICIA TURISMO ACTIVO", coa colaboración da Xunta de Galicia-Axencia de Turismo de Galicia

14-6-2021

Prego de condicións que rexerán a contratación dun servizo de "CREACIÓN E CONSOLIDACIÓN DE PRODUTO TURÍSTICO VINCULADO AO CAMIÑO DE SANTIAGO DENOMINADO UN DESCANSO NOS CAMIÑOS", coa colaboración da Xunta de Galicia-Axencia de Turismo de Galicia

27-5-2021

Elixe Galicia permite ás persoas desta Comunidade facer viaxes internas cunha bonificación do 40 por cento

24-5-2021

Unhas 60 empresas xa se adheriron ás ofertas do carné xove europeo a través do Clúster de Turismo de Galicia