Os viños galegos serán os protagonistas dun proposta pioneira en Santiago de Compostela

O primeiro Encontro do Viño Gallego Revera Vinum reunirá en marzo a todas as denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas de Galicia.

 

Santiago de Compostela acollerá o próximo mes de marzo unha cita ineludible para os afeccionados ao bo viño. Os responsables da Asociación Hostelería Compostela, entidade que aglutina a máis de 600 locais da capital galega, traballan xa na organización do primeiro Encontro do Viño Gallego Revera Vinum, unha cita que segundo explican será pioneira ao ser a primeira vez que se reúnen na mesma convocatoria todas as denominacións de orixe (DO) e indicacións xeográficas protexidas (IXP) dese ámbito que existen en Galicia.

 

O hotel monumento San Francisco acollerá as actividades centrais deste encontro, previsto para os días 22, 23 e 24 de marzo, e co que os seus promotores pretenden “dar a coñecer, promover e difundir os viños galegos entre os profesionais do sector, así como entre os veciños e aqueles que visiten Compostela, servindo como atractivo turístico en tempada baixa”.

 

Desde a entidade compostelá explican que esta cita contará co apoio de Turismo de Galicia e xa avanzan algúns detalles do seu programa de actividades. Haberá relatorios, mesas de debate e catas impartidas por recoñecidos expertos do ámbito galego e estatal como Xurxo Alba, Paula Fandiño, Rafael Palacios, Luís e Alejandro Paadín, Alberto Varela e Salomé Beiroa. Ademais, o programa incluirá propostas en paralelo máis aló dos muros do hotel San Francisco como unha ruta de viños polas rúas de Compostela.