As bandeiras azuis, un aliciente de calidade para gozar do verán en Galicia

As bandeiras azuis, un aliciente de calidade para gozar do verán en Galicia

As bandeiras azuis, un aliciente de calidade para gozar do verán en Galicia

Un total de 112 areais galegas locen este ano unha insignia que tamén ondea en 11 portos deportivos, 14 centros de educación ambiental e 29 sendas.

 

O azul volve reinar este verán no litoral galego e convértese, grazas ás famosas bandeiras desa cor, nun importante motivo para visitar esta terra e descubrir o resto das propostas de Galicia. As bandeiras azuiscreadas pola Foundation for Environmental Education (FEE) e xestionadas en España pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) volveron a distinguir a Galicia situándoa, xunto con Valencia e Andalucía, no podio das comunidades autónomas con máis insignias concedidas neste 2022. Recoñécese así non só a calidade das súas augas, senón o esforzo realizado para dotalas dos servizos atendendo a criterios como a accesibilidade e a sustentabilidade.

 

Galicia suma un total de 112 bandeiras azuis nas súas praias, 1 máis que no 2021, e atesoura unha de cada seis bandeiras do litoral español, o que demostra o esforzo realizado para poñer en valor eses espazos tan destacados das nosas costas. Ademais, pode presumir de ter tamén o municipio con máis bandeiras de todo o país: Sanxenxo, que atesoura un total de 17.

 

Praias con bandeira azul

As Lapas, Orzán-Matadero, Oza, Riazor e San Amaro (A Coruña), Caión (A Laracha), A Hucha, A Salsa, Barrañán, Combouzas, O Reiro, Porto de Suevos, Sabón e Valcobo (Arteixo), Lago das Pontes (As Pontes de García Rodríguez), Gandarío (Bergondo), Arou (Camariñas), Pedra do Sal, Razo e As Saíñas (Carballo), O Ézaro (Dumbría), A Fragata-O Pereixal, Doniños, Esmelle e San Xurxo (Ferrol), Laxe (Laxe), Perbes-Andahío (Miño), Bastiagueiro, Espiñeiro, Mera, Naval e Santa Cristina (Oleiros), A Ermida, Balarés e O Osmo (Ponteceso), Coroso (Ribeira), A Pasada, Coto e Fontela Valea (Barreiros), A Marosa, O Portelo e Ril (Burela), O Torno (Cervo), A Rapadoira, Areousa, As Polas, Llas e Peizás (Foz), Abrela e Xilloi (O Vicedo), As Catedrais e Os Castros-Illas (Ribadeo), Area (Viveiro), Esteiro (Xove), Area Grande e O Muíño (A Guarda), Area da Secada e Bao (A Illa de Arousa), Barbeira, Concheira, Frades, Ladeira, Ribeira e Santa Marta (Baiona), Area de Bon, Banda do Río, Lagos, Lapamán e Portomaior (Bueu), Areabrava, Areamilla, Liméns, Menduíña e Nerga (Cangas), Aguete, Loira, Mogor, Portocelo e Santa de Mar-A Coviña (Marín), O Con (Moaña), Cabeceira (Poio), Praia fluvial A Calzada (Ponte Caldelas), A Lapa, Agra, Areas, Areas Gordas, Baltar, Bascuas, Canelas, Caneliñas, Foxos, Major, Montalvo, Nosa Señora da Lanzada, O Espiñeiro-A Lanzada, Panadeira, Paxariñas, Pragueira e Silgar (Sanxenxo), A Punta, Argazada, Canido, Carril, Fontaiña, Fortiñón, O Vao, Rodas, Samil, Santa Baia e Tombo do Gato (Vigo), e Campanario e Compostela (Vilagarcía de Arousa).

 

Portos con Bandeira Azul

Pero as bandeiras azuis non só ondean en todas esas praias, senón que poden ser vistas noutros espazos costeiros que cumpren tamén eses mesmos criterios de excelencia das súas augas, accesibilidade, servizos e sustentabilidade, como é o caso dos portos deportivos e os clubs náuticos. Un total de 11 destas instalacións da nosa comunidade foron distinguidos tamén como Portos Azuis: Club Náutico de Boiro–Marina Cabo de Cruz (Boiro), Club Náutico Sada e Porto Deportivo Sadamar (Sada), Real Club Náutico A Coruña–Mariña Real (A Coruña), Real Club Náutico de Portosín (Porto do Son), Porto Deportivo de Ribadeo (Ribadeo), Monte Real Club de Iates (Baiona), Porto Deportivo Cangas-Real Club Náutico Rodeira (Cangas) e Porto Deportivo Xoán Carlos I, Real Club Náutico Sanxenxo e Club Naútico Portonovo (Sanxenxo).

 

Centros azuis

Así mesmo, 14 centros de visitantes e aulas da natureza situadas nunha decena de municipios galegos foron distinguidos como Centros azuis por perseguir uns obxectivos que coinciden co Programa das bandeiras azuis e porque contribúen a concienciar á poboación en materia medio ambiente e sustentabilidade: Centro de Visitantes do Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes e CEIDA-Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (Oleiros), Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte (A Laracha), Centro de visitantes do Faro de Cabo Vilán, Museo Man de Camelle (Camariñas), Centro de Educación Medioambiental Gaia e Barco Museo Reina del Carmen (Burela), Carpintería de Ribeira Francisco Fra (Cervo), Centro de Interpretación As Telleiras (Sanxenxo), Centro de Interpretación da Conserva (A Illa de Arousa), e Centro de Interpretación dos Petróglifos de Mogor e Ateneo Santa Cecilia (Marín).

 

Sendeiros azuis

Galicia conta, ademais, con outros espazos certificados pola Adeac. Son os sendeiros azuis, ámbito no que esta comunidade tamén destaca con 29 rutas recoñecidas que suman case a metade dos 474 quilómetros de itinerarios distinguidos en toda España: Sendeiro de Saldorio (A Laracha), senda azul de Arteixo, ruta litoral de Camariñas, senda do mar Razo-Baldaio (Carballo), Costa Libre (Oleiros), Sendeiro litoral Coroso-Río Azor (Ribeira), ruta do litoral burelés (Burela), sendeiro azul O Torno (Cervo), paseo ruta das praias de Foz, ruta do faro de Illa Pancha a As Aceas (Ribadeo), senda litoral de A Guarda, senda perimetral Bao-Xastelas (A Illa de Arousa), sendeiro de Cabo Udra (Bueu), ruta de Donón (Cangas), ruta das praias, ruta dos cinco miradoiros e ruta montes e praias (Marín), sendeiro litoral de Poio, sendeiro azul do río Verdugo (Ponte Caldelas), ruta dos carballos de Aldariz, sendeiro litoral Areas-Punta Festiñazo, sendeiro litoral Canelas-Punta Cabicastro, sendeiro litoral Montalvo-Major, sendeiro litoral Paxariñas-Montalvo, sendeiro litoral Sanxenxo-Portonovo e sendeiro máxico da Lanzada (Sanxenxo), e senda entre faros Illas Cíes, senda de ribeira e litoral/Camiño á beiramar e senda litoral e do monte da Guía/Teis (Vigo).