A Xunta modifica as bases e amplía o prazo da convocatoria de axudas para actuacións de embelecemento do litoral galego

A Xunta modifica as bases e amplía o prazo da convocatoria de axudas para actuacións de embelecemento do litoral galego

  • O Diario Oficial de Galicia publicou a semana pasada a resolución que modifica as bases reguladoras para a concesión.
  • O prazo de solicitudes permanecerá aberto ata o 26 de maio de 2023.
  • A convocatoria conta cun orzamento de máis de 6,5 millóns de euros e conta con dúas liñas de axudas: para municipios e para establecementos turísticos.

Esta resolución permitirá aos establecementos turísticos realizar actuacións que contribúan a unha maior integración coa paisaxe, respectando os valores ambientais do litoral galego. A subvención conta cun orzamento de 6.550.000 euros, diferenciando entre dúas liñas de axuda. A primeira, dirixida a concellos, dispón dun importe de 4.465.000 euros; e a segunda, dirixida a establecementos turísticos, conta cun orzamento de 2.075.000 euros.

Por unha banda, os concellos do litoral galego poderán acceder a tres liñas de actuación subvencionables: transición e ecolóxica, cun orzamento de 2.700.000 euros; transición dixital; con 675.000 euros; e transición accesible e inclusiva, con 1.100.000 euros. Por outra banda, as axudas para establecementos turísticos divídense en dúas liñas de actuación: unha para tecnoloxías ambientais, cun orzamento de 1.125.000 euros; e outra para a mellora da fachada turística do litoral, con 950.000 euros.

A primeira liña, de tecnoloxías ambientais, inclúe a creación de contornas que prioricen a luz natural, a instalación de láminas de control solar nas xanelas, a construción de invernadoiros acaroados, de azoteas e terrazas verdes, ou a instalación de sistemas de aproveitamento da auga. Esta axuda cobre ata o 90% do custo total subvencionable do proxecto, sendo o importe máximo por axuda de 60.000 euros.

A segunda liña, sobre a mellora da fachada turística do litoral, considera o revestimento e/o pintado de paramentos cegos de fachada, a renovación do acabado dos parámetros cegos de fachadas, carpinterías ou cerrajerías exteriores, o remate ou renovación do acabado exterior de cubertas, ou o revestimento dos muros de peche da parcela onde se sitúa o establecemento. Esta axuda conta cunha cobertura de ata o 80% do custo total subvencionable do proxecto, sendo o importe máximo por axuda de 55.000 euros.

Podes tramitar esta subvención a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (código O TU503F).