A Xunta destinará case 2,9 millóns a axudas para rehabilitar vivendas na área dos camiños de Santiago

A Xunta destinará case 2,9 millóns a axudas para rehabilitar vivendas na área dos camiños de Santiago

A Xunta destinará máis de 2,8 millóns de euros ás axudas de rehabilitación de vivendas e edificios de vivendas no marco da área de rehabilitación integral dos camiños de Santiago. Así o establece a resolución do Diario Oficial de Galicia (DOG), pola que se regulan e convocan estas subvencións. Os beneficiarios poden ser as comunidades de propietarios, as agrupacións de comunidades de propietarios e as persoas físicas propietarias únicas de edificios ou de vivendas que estean emprazadas no ámbito da área dos camiños, en posesión da correspondente resolución de cualificación definitiva outorgada pola Consellería de Vivenda.
As obras deberán estar terminadas e cualificadas definitivamente antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes das axudas (31 de outubro). A delimitación da área de rehabilitación comprende o trazado do sete rutas do camiño en Galicia: francés (de Pedrafita do Cebreiro a Santiago), da prata (da Mezquita ou Verín ata Ourense e de Ourense a Santiago), inglés (de Ferrol ou A Coruña, xuntándose en Mesía ata Santiago), primitivo (da Fonsagrada ata Melide que conecta co camiño francés), norte (de Ribadeo a Arzúa que conecta co camiño francés), o tramo Fisterra-Muxía e o portugués, de Tui a Santiago.