A Xunta de Galicia está a traballar nun marco normativo para que Santiago xestione e aplique a súa taxa turística

A Xunta de Galicia está a traballar nun marco normativo para que Santiago xestione e aplique a súa taxa turística

· Xosé Merelles, director de Turismo de Galicia, anunciou que a partir do 1 de xaneiro de 2025 poderá aplicarse dita taxa
· A proposta municipal debe incluír tres aspectos: recaudada polo Concello, acordada co sector e destinada a medidas de sustentabilidade turística

 

Xosé Merelles reuniuse coa alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a concelleira de Turismo, Miriam Louzao, para informarlles da vontade da Xunta de Galicia de establecer unha taxa turística na cidade, solicitada polo goberno municipal.

 

O director de Turismo de Galicia anunciou que están a traballar nunha proposta normativa que regule o marco no que os concellos que o consideren poden xestionar esta taxa, co fin de ofrecer ferramentas aos concellos que o queiran establecer.

 

Un regulamento que terá que ser debatido e aprobado polo Parlamento de Galicia coa intención de que o Concello de Santiago dispoña de autorización legal a partir do 1 de xaneiro de 2025 para aplicalo.