A marca turística España Verde incorpora máis de 100 empresas galegas e 6 espazos protexidos á nova ruta ecoturística do norte peninsular

A marca turística España Verde incorpora máis de 100 empresas galegas e 6 espazos protexidos á nova ruta ecoturística do norte peninsular

  • Participan 331 empresas turísticas de Galicia, Asturias, Euskadi e Cantabria onde se desenvolverán actividades como a observación da fauna e o turismo activo, entre outras.
  • A nova ruta estará lista o próximo ano

 

Xosé Merelles, o director de Turismo de Galicia, participou na Comisión de Seguimento da marca España Verde, coordinada este ano pola comunidade galega.

 

Nesta xuntanza repasouse o estado do Corredor Ecoturístico España Verde, unha gran ruta que atravesará os principais lugares de interese do norte de España, e que pretende crear a ruta ecoturística máis grande de Europa.

 

Actualmente, existen 331 empresas turísticas locais situadas nos 25 espazos protexidos das 4 comunidades autónomas: Galicia, Asturias, Euskadi e Cantabria.

 

E destas empresas, 114 son galegas, situadas en 6 espazos protexidos: Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas – Terras do Mandeo, Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas, Reserva da Biosfera Ribeira Sacra e Serras do Orobio e do Courel, Xeoparque Montañas do Courel , Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Reserva da Biosfera Navia e Becerreá e Río Eo, Oscos e Terras do Burón.

 

As empresas están en fase de ultimación dos produtos que formarán parte desta gran ruta, con actividades vinculadas á observación da fauna ou actividades relacionadas co turismo activo, entre outras opcións.