A marca Fest Galicia suma este ano doce festivais baixo a lema “Festivais que fan Camiño”

A marca Fest Galicia suma este ano doce festivais baixo a lema “Festivais que fan Camiño”

Cantos na Maré e Caudal Fest súmanse a PortAmérica, Resurrection Fest, 17º Ribeira Sacra, Vive Nigrán, Sinsal, Atlantic Fest, Sorrías Baixas, Revenidas, Festival da Luz e WOS Festival, presentes xa na primeira edición desta iniciativa

O calendario FEST Galicia 2019 desenvolverase entre os meses de xullo e setembro nos 12 festivais adheridos á segunda tempada desta iniciativa da Xunta, que este ano se vincula estreitamente ao Xacobeo 21 baixo o lema “Festivais que fan Camiño”, reforzándose así a apueta pola marca impulsada pola Consellería de Cultura e Turismo, en colaboración con outros departamentos autonómicos, como vía de apoio a festivais considerados estratéxicos para a promoción do turismo musical de acordo con criterios de calidade, sustentabilidade e responsabilidade social.

Cantos na Maré de Pontevedra e Caudal Fest de Lugo xunto aos 10 eventos que xa participaran na experiencia piloto do ano pasado: PortAmérica, Resurrection Fest, Atlantic Fest, Vive Nigrán, Sinsal SON Estrela Galicia, 17º Ribeira Sacra, Sorrías Baixas, Revenidas, Festival de la Luz e WOS Festival únense este ano á iniciativa. En todos eles, a Xunta organizará novas campañas de concienciación a favor da igualdade e da prevención da violencia, do uso do galego, do respecto ambiental ou do fomento de valores positivos para a mocidade, que terán o seu epicentro nunha renovada caseta da marca, á vez que avanzará na medición do impacto económico e social dos festivais. Así, en todos os festivais levarán a cabo acciones de sensibilización contra a violencia sexual, recondando o uso da palicación Agresión OFF, como tamén se farán accións de sensibilización ambiental e colaborarase coas entidades responsables da xestión de residuos, instalando contedores para a separación dos residuos e desenvolvendo actividades de concienciación, sen esquecer outras actividades lúdico-formativas.

Tras facer un balance moi positivo da primeira edición de FEST Galicia, cunha ampla e moi participativa resposta do público dos festivais ás diferentes accións impulsadas, Román Rodríguez asegurou que as 12 citas asociadas este ano son moi diferentes en canto a formatos e propostas musicais, “pero todas teñen en común a aposta pola calidade, a singularidade e a sustentabilidade, que son á súa vez tres das claves da marca”.

A través dela, os festivais obteñen un apoio económico adicional ás subvencións específicas que o Goberno galego convoca cada ano para eles. En concreto, como explicou o conselleiro, este ano a convocatoria de adhesión a Fest Galicia dotouse con 350.000 euros para contratos de patrocinio coas empresas organizadoras dos eventos.