A Illa de Sálvora, futuro BIC

A Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia iniciou os trámites para que a illa de Sálvora, que forma parte do Parque Nacional Illas Atlánticas xunto coas Illas Cíes, as Ons e Cortegada declarar Ben de Interese Cultural (BIC). Con esta obxectivo a Xunta de Galicia leva xa un tempo levando a cabo traballos de rehabilitación en diferentes puntos da illa que van encamiñados a conseguir ese obxectivo, labores de rehabilitación e conservación para os que esta consellería destinou un orzamento de 230.000 euros.

Nunha primeira fase de rehabilitación acometéronse traballos de recuperación e conservación da zona, principalmente centrados na restauración do poboado, interior das casas e recuperación de obxectos que posteriormente se utilizarán como pezas de exposicón dun futuro museo, labores nas que estiveron traballando un grupo de voluntarios dun campo de traballo

Grazas a estes esforzos na rehabilitación do lugar, así como na súa promoción e divulgación, son cada vez máis as persoas que cada ano chegan a esta paraxe natural. Segundo a información achegada pola Xunta, prevese que supere o dez mil visitas este ano, uns datos que pon en manifesto a consolidación de Sálvora como destino turístico destacado.