A Consellería de Cultura e Turismo comezará o seu Plan de formación ao sector turístico cun curso de Curso de Xestión e empresas de Restauración en abril.

A Consellería de Cultura e Turismo comezará o seu Plan de formación ao sector turístico cun curso de Curso de Xestión e empresas de Restauración en abril.

Dentro das actividades de formación previstas no 2020 para o sector turístico de Galicia, Turismo de Galicia abriu o prazo de inscrición para un Curso de Xestión e empresas de Restauración destinado propietarios e xerentes ou persoas que estean a desempeñar na actualidade postos de responsabilidade na xestión de empresas de restauración que se desenvolverá no mes de abril.

O obxectivo deste curso é proporcionar ferramentas prácticas de xestión para un restaurante, co dobre obxectivo de ofrecer unha mellora na calidade dos servizos para mellorar a percepción do turista que visita Galicia, e por outra banda mellorar a rendibilidade do negocio a través dunha excelente xestión dos seus recursos materiais e profesionais de cara os retos aos que se enfronta o sector para o Xacobeo 21.
O curso cunha duración de 50 horas será semipresencial, cun 80% da formación no CSHG, repartidas en 5 xornadas de luns, nos meses de abril e maio.

Estará formado por módulos de formación: xestión e administración de recursos en restauración, análise de carta e menús e xestión
de alimentos e bebidas, xestión e optimización dos RRHH, ferramentas TIC para a xestión do restaurante e novos modelos de restauración. Este curso, organizado en colaboración coa USC, será impartido por profesores do CSHG, e os alumnos que o superen terán dereito a un título expedido por Turismo de Galicia e a USC recoñecido con 5 crédito ETCS.

Solicitude de inscrición do curso