A CEHAT anima aos establecementos turísticos a doar alimentos á ONG e outros colectivos antes do peche pola crise sanitaria

Organizacións que integran a patronal hostaleira xa traballan cos seus asociados para entregar produtos que, doutra forma, terían que refugarse tras o peche inminente das instalacións alojativas

A Confederación Española de Hoteis e Aloxamentos Turísticos (CEHAT) animou aos establecementos alojativos do país a organizar doazóns de alimentos perecedoiros en perfectas condicións e outros produtos de uso sanitario (máscaras, luvas e xeles hidroalcohólicos) a organizacións non gobernamentais (ONG) e outros colectivos sociais con necesidade, unha vez que se produza o peche ordenado das instalacións turísticas, provocado por esta crise sanitaria mundial da COVID-19.

Así, xa son varias as asociacións rexionais, provinciais e locais de todo o país que se puxeron ao choio para contactar con diferentes entidades sociais e sen ánimo de lucro, coas que teñen habitualmente unha relación máis próxima, e organizar doazóns de alimentos como carnes, peixes, verduras ou froitas, entre outros, que, doutra forma, terían que refugarse. Da mesma maneira, tamén se está organizando a doazón de produtos de prevención (máscaras, xeles e luvas entre outros) para que poidan ser utilizados nas instalacións sanitarias do noso país.

Esta iniciativa, que nestes momentos leva a cabo de maneira máis global en varios lugares do país por parte do sector turístico, son habituais nalgúns destinos de tempada nos que os establecementos alojativos non están abertos durante todo o ano.