A BTL de Lisboa celebrarase do 28 de febreiro 4 de marzo

A BTL de Lisboa celebrarase do 28 de febreiro 4 de marzo

Coincidindo coa celebración do seu trixésimo aniversario, a Feira de Turismo de Lisboa, BTL, celebrarase do 28 de febreiro ao 4 de marzo nas instalacións da FIL, no Parque das Nacións, da capital portuguesa, manténdose así o cambio de data que se realizou o ano pasado, froito dunha decisión conxunta e unánime por parte da organización de BTL e do seu Consello Estratéxico, en consulta cos socios e relevantes actores de comercio nacional e internacional tendo en conta a estratexia e o momento máis conveniente para a promoción nacional e internacional, segundo fan constar desde a organización do certame.

A BTL de 2017 recibiu un total de 78.001 visitantes, o que reflicte un incremento do 3% en comparación cos datos do certame celebrado no ano 2016. Concretamente, durante o tres primeiros días, 37.888 profesionais estableceron novos negocios e acordos, o que representa un aumento do 5% relativamente ao ano pasado. Xa, no fin de semana dedicado ao público en xeral, 40.113 visitantes aproveitaron as promocións e descontos exclusivos da BTL, o que supón un aumento do 2% con respecto a 2016, resultados que reflectiron o bo momento polo que pasa o sector turístico portugués. Ademais, o programa de Hosted Buyers contou con máis de 400 participacións de compradores internacionais provenientes de 30 mercados que realizaron máis de 5.000 reunións, entre as pre agendadas e as realizadas na plataforma, con empresas presentes na BTL.