O programa Xacobeo Xove xa está dispoñible con descontos de 200 euros para a mocidade

  • Xa poden solicitar o seu desconto de 200 euros as persoas de entre 18 e 30 anos interesadas en actividades e servizos dalgunha das dez Rutas Xacobeas oficiais.
  • As axencias de viaxe galegas adheridas ao programa son as encargadas de comercializar a experiencia.
  • As viaxes poderánse realizar entre o 1 de xullo e o 10 de decembro de 2023, sempre e cando a compra do paquete turístico se efectúe antes do 30 de novembro.

 

O programa Xacobeo Xove nace co obxectivo de achegar a experiencia do Camiño de Santiago á mocidade. Desde o 1 de xullo, todas aquelas persoas de entre os 18 e os 30 anos que dispoñan do Carné Xove activo (é dicir, que conten co número Eyca) xa poden solicitar un desconto de 200 euros en servizos vinculados ás Rutas Xacobeas.

 

Cada persoa beneficiaria poderá desfrutar dun único desconto, que se vinculará ao número de Carné Xove. O custo da totalidade da viaxe debe ser, sen o desconto, como mínimo de 300 euros. É dicir, para obter a axuda os beneficiarios deben achegar un cofinanciamento de, polo menos, 100 euros. A isto sumarase a axuda da iniciativa, de 200 euros.

 

As viaxes poderán realizarse entre o 1 de xullo e o 10 de decembro, sempre e cando a compra do paquete turístico se efectúe antes do 30 de novembro. As solicitudes atenderanse por orde de compra ata esgotar a dispoñibilidade orzamentaria.

 

A experiencia adquirirase a través das axencias de viaxe galegas minoristas que se atopen dadas de alta no programa. Se tes unha axencia de viaxe e queres formar parte desta iniciativa, para solicitar a túa participación só debes completar o formulario que se atopa ao final da páxina oficial do proxecto.

 

A listaxe de axencias adheridas, así coma os paquetes turísticos que ofrecen, pode consultarse a través da páxina web do programa Xacobeo Xove.

 

O programa Xacobeo Xove é unha iniciativa da Axencia Turismo de Galicia en colaboración co Clúster de Turismo de Galicia, a Asociación de Viaxes de Galicia (AGAVI), a Asociación de Turoperadores Receptivos de Galicia (ATREGA), a Asociación Provincial de Axencias de Viaxes de Pontevedra (AVIPO), e a Consellería de Política Social e Xuventude. Para calquera dúbida ou cuestión pódese contactar na dirección de correo xacobeoxove@clusterturismogalicia.com ou no teléfono 881 505 103.