O peso do sector turístico español representou en 2015 o 11,1% do PIB e o 13% do emprego total

O peso do sector turístico español representou en 2015 o 11,1% do PIB e o 13% do emprego total

Segundo os datos feitos públicos polo INE o sector turístico español alcanzou en 2015 os 119.011 millóns de euros, unha cifra que supuxo o 11,1% do Produto Interior Bruto (PIB) do país mentres que o nivel de emprego vinculado co turismo tamén aumentou até situarse nos 2,49 millóns de postos de traballo, que representan o 13% do total de postos de traballo da economía española.

Estes datos extráense da Conta Satélite do Turismo de España (CSTE), na que se solicitou entre o 2010 e o 2015 a evolución do sector turístico no conxunto da economía. A Conta Satélite do Turismo de España, Base 2010, pode describirse como o conxunto de estimacións, baseadas na metodoloxía da Contabilidade Nacional, que proporciona os agregados económicos principais ligados ao sector turístico nunha data determinada tales como os servizos de aloxamento, transporte, servizos de comida e bebida, axencias de viaxes,, etc. O seu principal obxectivo é a presentación nun marco contable de resultados estatísticos que permitan obter unha medición da relevancia económica do turismo a través de indicadores como a achega da actividade turística ao PIB ou ao emprego.

A medición destes resultados permitiu determinar, por exemplo, que o peso do turismo no PIB creceu de forma continuada desde 2010, pasando do 10,2% ao 11,1%. Do mesmo xeito, no capítulo do emprego, representado pola ocupación nas ramas económicas características do turismo, desde 2010, o incremento foi de 1,4 puntos, ao pasar do 11,6% ao 13,0%. Cabe destacar, ademais, que desde 2010 a evolución en termos reais da economía turística foi mellor que a do conxunto da economía.

A compoñente de maior peso na demanda final turística en 2015 foi o consumo turístico receptor. Este agregado tamén foi o que máis creceu nos últimos anos, gañando peso dentro da composición da demanda final turística. Debido ao constante crecemento do turismo receptor e a unha alternancia de descensos e crecementos inferiores do turismo emisor, o saldo entre ambos se incrementou en maior medida que o turismo receptor en todo o período analizado.