O Parador Costa da Morte escollido como o mellor hotel de España nunha contorna natural

O Parador Costa da Morte escollido como o mellor hotel de España nunha contorna natural

  • O aloxamento situado en Muxía converteuse nun referente en sustentabilidade e conservación do medio ambiente.
  • Abriu as súas portas despois da traxedia do Prestige.

 

Os lectores da revista National Geographic elixiron o Parador Costa da Morte como o mellor hotel español situado nun entorno natural.

 

Os votantes destacan a súa innovación e excelencia no servizo neste establecemento que abriu o 25 de xuño de 2002, pasando a ser o Parador número 98 da cadea pública de hostalería.

 

Este Parador está incluído no programa “Natureza para os Sentidos”, un proxecto de ecoturismo responsable e sostible que pretende xerar beneficios ambientais, sociais e económicos na zona.

 

Este aloxamento naceu da catástrofe ecolóxica do Prestige, e converteuse en todo o contrario, é un referente en sustentabilidade, conservación ambiental e un potente motor de desenvolvemento económico, social e cultural da Costa da Morte.