O Igape abre unha liña de axudas para negocios afectados polos incendios forestais

O Igape abre unha liña de axudas para negocios afectados polos incendios forestais

  • Os establecementos turísticos poden optar a esta subvención

 

O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) puxo en marcha unha convocatoria de axudas urxentes destinada a apoiar a recuperación de establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís que resultaron danados polos incendios forestais rexistrados en Galicia este verán de 2025.

 

As subvencións, de carácter directo e excepcional polo seu interese público e social, cubrirán ata o 100 % dos danos ocasionados, incluíndo reparacións ou reposicións en edificacións, instalacións, maquinaria, mercadorías e mesmo vehículos vinculados á actividade. O importe máximo por beneficiario será de 600.000 euros, aínda que poderá elevarse ata 1,5 millóns nos casos máis graves, cando se xustifique un impacto socioeconómico relevante ou a conservación de empregos.

 

  • O prazo de solicitude remata o 30 de setembro

 

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o martes, 30 de setembro de 2025, ás 23:59 horas, e deberá facerse de forma telemática a través da electrónica do Igape. O código de procedemento é IG100A.

 

Entre os posibles beneficiarios atópanse persoas físicas e xurídicas titulares de negocios situados en zonas afectadas polos lumes. Quedan excluídas as explotacións agrícolas, gandeiras ou forestais, así como as actividades vinculadas á xeración, transporte ou distribución de enerxía, salvo instalacións de autoconsumo dentro do propio establecemento.

 

A normativa establece que estas achegas terán carácter subsidiario respecto doutras indemnizacións públicas ou privadas, pero poderán complementalas ata cubrir o total dos danos certificados no informe de taxación. O pagamento realizarase nun único pagamento, por transferencia bancaria, nos quince días hábiles seguintes á resolución favorable.