O Faro da Illa de Sálvora converterase nun centro de observación turístico-científica

O Faro da Illa de Sálvora converterase nun centro de observación turístico-científica

  • A vogal do consello executivo do Clúster, Mar Rodríguez, visitou o pasado venres as obras de restauración.

As obras do Plan de Revalorización do Faro da Illa de Sálvora xa están en marcha. O pasado xoves, 6 de xuño, a vogal do consello executivo do Clúster, Mar Rodríguez, acompañou ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda; á Conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ánxeles Vázquez; e ao director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, na súa visita a estas obras de revalorización.

 

Esta acción pretende unha restauración estrutural do faro, converténdoo nun centro de observación turístico-científica a través do cal se dará un novo pulo á divulgación científica e á promoción da fauna e flora da contorna. As obras inclúen a renovación dos acabados exteriores así como da cúpula, e a mellora da eficiencia enerxética do complexo, no cal se instalarán 60 placas solares.

 

O obxectivo é darlle un novo uso a este espazo, preservando unha das iconas do arquipélago de Sálvora, declarado Ben de Interese Cultural de Galicia (BIC), e fomentando un turismo respectuoso co medio ambiente. A illa de Sálvora atesoura unha gran riqueza medioambiental: neste terreo pódense observar multitude de especies aladas, así coma cabalos, cervos, conexos e mamíferos mariños.

 

A actuación desenvólvese no marco do Programa Xacobeo Next Generation, posto en marcha pola Xunta de Galicia con fondos europeos para a rehabilitación e mellora de 12 Bens de Interese Cultural.