O Clúster Turismo de Galicia participa na ITB Berlín 2025 cunha destacada misión comercial

O Clúster Turismo de Galicia participa na ITB Berlín 2025 cunha destacada misión comercial

  • A feira internacional celébrase do 4 ao 6 de marzo na capital alemá.

 

O Clúster Turismo de Galicia ultima os preparativos para a súa participación na ITB Berlín 2025, unha das feiras internacionais máis relevantes do sector turístico, que terá lugar do 4 ao 6 de marzo na capital alemá. Unha delegación formada por unha ducia de empresas e unha vintena de profesionais do turismo galego viaxará a Berlín co obxectivo de promocionar a oferta turística de Galicia e establecer contactos estratéxicos con operadores internacionais.

 

Entre as entidades participantes na misión comercial atópanse Galiwonders, Rutas Meigas, Tee Travel, Viajes Interrías, Pilgrim, Oca Hoteles, MEGA Mundo Estrella Galicia, Always Spain Incoming, Splainn Travel, Troulanda, Sailway, Autocares Bustelo e Galicia Destino Sostible.

 

Encabezada polo presidente do Clúster, Cesáreo Pardal, e membros do consello executivo, a delegación aproveitará esta cita para reforzar a presenza de Galicia no mercado internacional e atraer novos viaxeiros, destacando a súa aposta por un turismo sostible e de calidade coa marca turística ‘Galicia Destino Sostible’.

 

A ITB Berlín 2024 contou con 190 países representados, máis de 100.000 asistentes e ata 5.600 expositores, consolidándose como unha plataforma crave para a promoción e o networking no sector.