O Clúster Turismo de Galicia colabora coa Xunta de Galicia na posta en marcha do carné +65

  • Esta tarxeta, para os cidadáns maiores de 65 anos, ofrece descontos e vantaxes en múltiples entidades e establecementos en Galicia.
  • As entidades interesadas en colaborar na iniciativa deben cumprimentar a solicitude que atoparán en https://clusterturismogalicia.com/gl/carne65/

 

O carné +65 é unha tarxeta persoal para persoas maiores de 65 anos que residan na comunidade autónoma de Galicia. Trátase dunha tarxeta expedida pola Xunta de Galicia, a través da súa Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria da Consellería de Política Social e Xuventude.

 

O carné +65 é totalmente gratuíto e entrará en funcionamento no 2024. As persoas beneficiarias non precisan facer nada para obtelo, a Administración encargarase de envialo de oficio por correo ao domicilio do usuario.

 

A través deste documento, os usuarios poderanse beneficiar de descontos e vantaxes en múltiples entidades e establecementos en Galicia. Coma requisito, deberán ser entidades que ofrezan bens ou servizos dirixidos a persoas maiores ou que teñan relación co devandito colectivo e que estean interesadas en ofrecer vantaxes e/ou descontos.

 

As empresas turísticas que desexen ofrecer ditos descontos ou vantaxes aos titulares do carné +65 poderán colaborar na iniciativa cumprimentando a solicitude que atoparán na seguinte ligazón,  indicando as condicións das vantaxes e/ou descontos que queren aplicar.

 

Para máis información, pódese contactar a través do teléfono 881 999 183 ou no correo electrónico carnemais65.maiores@xunta.gal