O Clúster Turismo de Galicia abre o prazo de reserva para o espazo de negocios do stand de Galicia en Fitur

O Clúster Turismo de Galicia abre o prazo de reserva para o espazo de negocios do stand de Galicia en Fitur

A participación este ano estará limitada a grupos de 4 persoas en periodos de 30 minutos para garantir as medidas de seguridade

O Clúster Turismo de Galicia volverá xestionar este ano o espazo de negocios do stand de Galicia en Fitur, que se celebrará no recinto de IFEMA entre o 19 e o 23 de maio. O stand de Galicia estará situado nas parcelas PC07 / 9C09 do Pavillón 9.

O espazo empresarial constará de 8 mesas, que albergarán reunións de 30 minutos, nas que poderán participar 4 persoas. Deberá indicarse o nome da empresa e o nome do operador co que se vai reunir. Así mesmo, debe indicarse o número de asistentes, debido á limitación de 4 persoas por mesa motivada pola necesidade de garantir as medidas de seguridade. No propio espazo feiral haberá unha persoa encargada de xestionar as citas e controlar as mesas.

O Clúster creou unha conta de correo electrónico para que as persoas interesadas poidan facer as súas reservas de data e hora para as mesas:

ENVIAR CORREO