O Clúster Turismo de Galicia participa esta semana en Fairway 2025, a feira especializada no Camiño de Santiago que se celebra na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela do 9 ao 11 de novembro. O evento, consolidado como o principal punto de encontro profesional en torno ao fenómeno xacobeo, reúne a empresas, institucións e axentes turísticos nacionais e internacionais.
O vicepresidente do Clúster, Jesús Picallo, asistiu á inauguración oficial da feira, nun acto que contou tamén coa presenza do director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, e outras autoridades autonómicas e locais.
Nesta edición, o Clúster Turismo de Galicia, coa marca “Galicia Destino Sostible” conta cunha caseta propia dentro do recinto feiral, onde se están dando a coñecer as iniciativas que promoven a sostibilidade turística na comunidade, así como as máis de 150 empresas adheridas ao club de produto.
Ademais, o Clúster promoveu a participación dos seus asociados no workshop profesional que se celebra no marco da feira, un espazo no que se xeran novos contactos e créanse sinerxías con operadores nacionais e internacionais.
Ademais, Fairway 2025 inclúe, xunto á súa zona expositiva e o workshop B2B, o VI Fórum do Camiño de Santiago, que reúne a expertos, institucións e representantes do sector para debater sobre a profesionalización, a sostibilidade e a xestión do turismo en torno ao Camiño.