O Club de Produto ‘Galicia Destino Sostible’ segue a medrar

O Club de Produto ‘Galicia Destino Sostible’ segue a medrar

  • Ideas Peregrinas, Bodegas Terras Gauda, Villa Boutique 1880, Hotel A Finca, Hotel Spa Nanín Playa, Portomiño, Hotel Zenit Vigo e Naviaventours son as novas empresas que xa forman parte de ‘GDS’.
  • O Club de Produto suma máis de 130 empresas adheridas e 148 experiencias de turismo sostible.

 

O Club de Produto ‘Galicia Destino Sostible’ continúa a ampliar a súa rede coa incorporación de oito novas empresas que se suman á aposta polo turismo sostible en Galicia. Na reunión do comité de avaliación celebrada o pasado 16 de xaneiro, aprobáronse as solicitudes de Ideas Peregrinas, Bodegas Terras Gauda, Villa Boutique 1880, Hotel A Finca, Hotel Spa Nanín Playa, Portomiño, Hotel Zenit Vigo e Naviaventours.

 

Con estas novas incorporacións, o club alcanza un total de máis de 130 empresas adheridas e ofrece 148 experiencias centradas no turismo sostible. Estas iniciativas abranguen sectores como a restauración, os aloxamentos, as axencias de viaxes e a oferta turística complementaria.

 

Creado en 2022 polo Clúster Turismo de Galicia, co apoio da Xunta de Galicia, ‘Galicia Destino Sostible’ busca posicionar á comunidade autónoma como un referente en turismo responsable, promovendo prácticas respectuosas co medio ambiente, a cultura e a sociedade. A iniciativa reforza o compromiso de Galicia cun modelo turístico sostible que combina a posta en valor dos seus recursos naturais e culturais co desenvolvemento económico do territorio.

 

Únete a GDS

 

Para adherirse a ‘Galicia Destino Sostible’, as empresas deben cumprir polo menos un requisito habilitante (certificación de sostibilidade; Fair’n Green; Estrela Verde da Guía MICHELIN; pertenza ao proxecto Turismo Slow Norte de Galicia, ou ao Club de Produto Ecoturismo de España ou unha certificación ambiental: ISO 14000, EMAS, etc.), ou ben o 100 % dos obrigatorios e un 33 % dos valorables.

 

A adhesión pode solicitarse a través da web galiciadestinosostible.com. Unha vez que o comité asesor acepte a adhesión, a empresa poderá xestionar as súas ofertas desde o portal e gozará das vantaxes de formar parte do club de produto de maneira gratuíta.