O club de produto “Galicia Destino Sostible” suma catro empresas e oito novas experiencias sostibles

O club de produto “Galicia Destino Sostible” suma catro empresas e oito novas experiencias sostibles

  • O comité de avaliación aprobou a incorporación de catro empresas o pasado venres 28 de novembro.
  • Engadíronse oito novas experiencias sostibles á oferta da marca turística, que agora inclúen máis de 190 escapadas sostibles.

 

A marca turística “Galicia Destino Sostible” reforza o seu compromiso co turismo responsable coa incorporación recente de catro novas empresas gallegas: Amar Carril, Vio Viajes, Experiencias del Destino e Hotel El Puente.

 

Ademais, tamén se aprobou a incorporación de oito novas experiencias centradas na sostibilidade e o respecto polo medio ambiente, que se suman ao catálogo xa existente do club. Con estas novas incorporacións, o club de produto continúa a consolidar a súa posición como plataforma líder para o turismo sostible en Galicia, tanto polo número de empresas membro (actualmente máis de 155) como pola variedade e calidade das máis de 190 experiencias turísticas que ofrece, todas elas vinculadas ao respecto pola natureza, a identidade local e o benestar da comunidade.

 

  • Como podo unirme a “Galicia Destino Sostible”?

 

As empresas interesadas en unirse a “Destino Galicia Sostible” poden iniciar o proceso de adhesión a través da páxina web oficial, cumprindo un dos requisitos de elixibilidade ou todos os requisitos obrigatorios e un terzo dos requisitos avaliables. Unha vez aceptadas, poden xestionar as súas experiencias no portal e beneficiarse das vantaxes do club de forma totalmente gratuíta.

 

Desde a súa creación en 2022, impulsado polo Clúster de Turismo de Galicia e financiado pola Xunta a través da Axencia de Turismo de Galicia, o club promove unha rede de empresas que apostan pola sostibilidade como valor diferenciador, mostrando unha oferta turística responsable, diversa e en continuo crecemento.