Co obxectivo de desenvolver actividades que contribúan a dinamizar e a apoiar ao sector hostaleiro, contribuíndo a paliar a difícil situación pola que están a atravesar, Hostalaría Compostela e a Asociación de Bares, Pubs e Discotecas de Compostela, en colaboración co Concello de Santiago puxeron en marcha Compostela en Marcha, que se desenvolverá durante o que resta do mes de agosto, setembro e outubro, mantendo as medidas hixiénico-sanitarias e de distanciamento social necesarias para poder garantir a celebración de eventos nesta nova normalidade.
Cinema ao aire libre, música e degustación de produtos cos Atardeceres-Tardeo, ruadas e sorteo de agasallos para os que participen na ruta de Vai de Viños, que comezou esta semana e que durante este mes de agosto desenvolverase polo Distrito Altamira e rúas lindeiras. Os clientes poderán optar a varios agasallos cubrindo as papeletas que facilitarán os 23 locais participantes. Con 5 selos entrarase no sorteo dunha viaxe ás adegas patrocinadoras e con 10 selos, ademais de entrar no sorteo, recibirase un agasallo directo de Aceites Abril.
Para participar nas actividades deberase facer unha reserva no seguinte correo electrónico e presentarse no lugar 15 minutos antes de comezar a actividade para non perder a reserva: reservas@compostelaenmarcha.santiagohosteleria.net