Comenza o curso do Centro Superior de Hostelería de Galicia para formar a 400 novos alumnos

RECURSOS

Comenza o curso do Centro Superior de Hostelería de Galicia para formar a 400 novos alumnos

A nova directora do Centro Superior de Hostalería de Galicia, Marta Fernández, foi a encargada de inaugurar o novo curso do centro, que formará a 400 alumnos en dirección hoteleira, xestión en cociña e bachelor europeo. Dende 1995, o CSHG formou xa a máis 2.000 directivos que desenvolveron o seu labor en empresas hostaleiras e turísticas de todo o mundo como exemplo de unha formación práctica e teórica que aplica unha metodoloxía moderna e eficaz para acadar a mellor formación académica do seu alumnado.

A inauguración contou coa presenza tamén de dous ex alumnos, o chef do Grupo Boketé e membro do Grupo Nove, Javier Rodríguez, Taky, e Pablo Guitián, director do hotel AC Puerta del Carmen de Santiago, que puxeron en valor a súa formación para acadar responsabilidades en empresas punteiras do sector.