Aberta a convocatoria de axudas para o impulso da economía circular para o ano 2024

Aberta a convocatoria de axudas para o impulso da economía circular para o ano 2024

  • A convocatoria está aberta ata o 16 de agosto e está destinada a financiar proxectos que contribúan significativamente á sustentabilidade e circularidade dos procesos industriais e empresariais.

A Secretaría de Estado de Medio Ambiente vén de publicar unha convocatoria de axudas que abarca proxectos de diferente natureza como a redución do consumo de materias primas virxes, ecodeseño e posta no mercado de produtos realizados baixo esquemas de ecodeseño, mellora da xestión de residuos, transformación dixital de procesos a través de infraestruturas e sistemas.

 

As axudas reguladas nesta orde só serán aplicables se teñen efecto incentivador sobre a actividade da empresa obxecto da axuda e rexeranse por procedemento de concorrencia competitiva. Están destinadas a persoas xurídicas de dereito privado con personalidade xurídica propia, entidades de economía social que non formen parte do sector público e agrupacións das anteriores sempre que estean participadas por, polo menos, unha peme, start-up ou entidade de economía social que cumpra cos requisitos establecidos na convocatoria.

 

A entidade beneficiaria poderá realizar subcontratacións sempre que a porcentaxe subcontratada non exceda do 50% do importe total do custo do proxecto de inversión. Na categoría de axudas destinadas á transformación dixital de procesos a través de infraestruturas e sistemas o importe non poderá ser superior ao 80%. A contía das axudas distribuirase tendo en consideración os límites e porcentaxes de asignación contemplados na correspondente convocatoria.

 

As subvencións reguladas nestas bases serán compatibles coas axudas que se puideran outorgar con arranxo a outros programas e instrumentos da Unión Europea o outras Administracións territoriais ou entes públicos ou privados nacionais ou internacionais.

 

As entidades beneficiarias poderán recibir un anticipo da axuda cuxa porcentaxe se determinará en cada convocatoria. Estas entidades quedan obrigadas a constituír unha garantía cuxo importe debe cubrir polo menos o 5% da cantidade anticipada, a favor do órgano concedente.

 

Para máis información, visita a páxina web da convocatoria.