Acelaración da internacionalización das pemes galegas a través de VíaExterior

Coa posta en marcha dunha Aceleradora de Internacionalización o Consorcio da Zona Franca de Vigo quere iniciar un programa de apoio ás pemes galegas para os seus procesos apertura de mercados no exterior. O programa, denominado Vía Exterior pretende conseguir nuns meses que un grupo reducido de empresas (20) consiga ter un mellor posicionamento no exterior e unha mellora considerable no campo da Internacionalización, un obxectivo que se pretende conseguir mediante formación especializada e asesoramento a través de redes de mentoring e coaching así como dun seguimento intensivo ao plan e internacionalización de cada empresa.

Aquelas empresas que poidan estar interesadas en participar desta iniciativa teñen de prazo ata o próximo 19 de xullo para inscribirse e participar no proceso de selección, que se realizará a través de concorrencia competitiva. Para máis información ou para realizar a inscrición pódese visitar a web da Aceleradora: www.viaexterior.com ou enviar un correo a viaexterior@zonafrancavigo.com

Link ao vídeo descritivo das fases e funcionamento da aceleradora