Ferrol, destino cultural e Semana Santa ferrolá e de Viveiro, reclamos de primavera

Ferrol, destino cultural e Semana Santa ferrolá e de Viveiro, reclamos de primavera

A potencia da Semana Santa tanto de Viveiro como de Ferrol foi presentada en Fitur como unha oportunidade para realizar turismo cultural e gastronómico especialmente na primavera. Os alcaldes de ambas as cidades presentaron no Salón Internacional de Turismo unha oferta que propón a ambas as cidades, e por extensión, a Galicia como opcións perfectas para o turismo de primavera. No caso de Ferrol, a cidade apostou pola presentación da Ruta das Meninas de Canido, unha iniciativa artística que conta xa con máis de 200 pinturas nas fachadas de edificios do barrio de Canido, en Ferrol e que conta ademais cun evento cultural propio que se celebra en setembro. Algunhas das obras tamén se poden gozar en realidade aumentada grazas a unha aplicación de móbil grautita, Visuar (para Android e iPhone) que nos permitirá ver 18 das menidas dixitalizadas.

Ademais, Ferrol presentouse como destino turístico ideal para o turismo activo, centrado en prácticas como o parapente ou o surf. Nesta liña creouse un vídeo promocional e unha web www.ferrolactivo.es, con toda a oferta de actividades e empresas de turismo activo.

Semana Santa de Ferrol e Viveiro

Ademais presentáronse en Fitur as dúas únicas Semanas Santas galegas que contan co recoñecemento de Festa de Interese Turístico Internacional, a de Ferrol e a de Viveiro, con especial atención á evolución da fista ao longo do tempo.