A hotelaría española avanza na xestión hídrica, pero persisten retos clave

A hotelaría española avanza na xestión hídrica, pero persisten retos clave

  • Estudo 2025 do Instituto Tecnolóxico Hoteleiro (ITH) identifica avances na medición e sensibilización, pero sinala unha baixa implantación de tecnoloxías de reutilización e verificación da pegada hídrica.

 

O Estudo de Xestión Hídrica nos Hoteis Españois, elaborado polo Instituto Tecnológico Hotelero (ITH) e presentado en marzo de 2025, ofrece unha radiografía exhaustiva da situación do uso da auga nos aloxamentos turísticos españois. Baseado en datos de certificacións Bioscore Sustainability de máis de 500 hoteis, o informe confirma unha crecente concienciación e adopción de medidas, pero tamén detecta un longo camiño por percorrer na implantación de solucións avanzadas.

 

  • Principais conclusións do estudo

 

  1. Monitorización xeneralizada: O 93 % dos hoteis rexistra o seu consumo de auga e o 77 % fixa obxectivos de redución.
  2. Fenda entre intención e resultados: Só o 46 % acada as metas fixadas.
  3. Baixa adopción tecnolóxica: Apenas un 8 % dispón de sistemas de recuperación de augas grises ou pluviais.
  4. Pegada hídrica pouco verificada: Aínda que o 45 % calcula a súa pegada hídrica, só un 5 % a valida externamente.
  5. Segmentación por tipoloxía: Os hoteis de menos de 4 estrelas amosan maior eficiencia relativa, mentres que os de luxo destacan na medición, pero teñen marxe de mellora no consumo por estadía, especialmente en piscinas e spas.

 

Este informe propón unha serie de boas prácticas, entre as que se atopan as seguintes:

 

  1. Implantar inodoros e billas de baixo consumo en todas as áreas do hotel.
  2. Sistemas de rego intelixente e cubertas en piscinas para reducir a evaporación.
  3. Auditorías hídricas periódicas e avaliación de riscos en zonas con estrés hídrico.
  4. Formación do persoal e implicación activa da clientela no uso responsable da auga.

 

O informe completo pódese consultar na web do Instituto Tecnolóxico Hoteleiro a través da seguinte ligazón.