O turismo MICE destaca como un factor clave na desestacionalización

  • A Coruña Convention Bureau celebrou a súa segunda Noite dos Embaixadores, un evento clave para promocionar o turismo MICE na cidade herculina.

A Noite dos Embaixadores é un evento que se celebra para promocionar o turismo MICE (Encontros, Eventos, Incentivos, Congresos e Exposicións) na Coruña.

 

“En 2024 celebraranse nesta cidade un total de 44 conferencias e actos, cunha asistencia estimada de máis de 100.000 persoas”, segundo indicou a alcaldesa, Inés Rey.

 

Este evento recoñece aos profesionais que contribúen a posicionar esta cidade como destino de referencia para a celebración de eventos de grande envergadura.

 

A gala contou coa presenza de destacadas figuras do ámbito empresarial, médico, académico e cultural, ademais de Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo, José Blanco, presidente do Convention Bureau, Xosé Regueira, vicepresidente da Deputación da Coruña, e Jesús Picallo, vicepresidente do Clúster de Turismo.

 

Inés Rey asegurou que “A Coruña é un referente no turismo MICE grazas ao apoio público-privado que implementamos”. Así mesmo, destacou o grande apoio do turismo MICE no colectivo de visitantes que recibirá este ano a cidade, “A Coruña viviu un dos seus veráns máis exitosos”, con máis de 660.000 persoas asistir a eventos cun impacto económico directo e indirecto de 89. 4 millóns de euros.

 

Sen dúbida, o MICE é clave para desestacionalizar o turismo.  E, para mostrar todo o seu potencial, o 3 de outubro Galicia Mice e OPC Galicia estarán en Madrid para unha xornada con workshops, gastronomía, música… aberta a profesionais. O acto consisitirá nun workshop entre empresas membro de OPC Galicia con diferentes sociedades e compañías do sector con interese na organización de eventos e congresos na provincia da Coruña. Para máis información e inscricións podes contactar con protocolo@galiciamice.com.