Aínda quedan tres bolsas dispoñibles para formarse no Curso Superior de Chef en Cociña e Pastelería do CSHG

Aínda quedan tres bolsas dispoñibles para formarse no Curso Superior de Chef en Cociña e Pastelería do CSHG

  • As axudas cobren o 100% do aloxamento na residencia do CSHG durante a formación.
  • Os requisitos para poder matricularse son ter experiencia de 6 meses nun negocio hostaleiro e superar unha entrevista persoal a distancia ou presencial.

O Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG) puxo ao dispor do Clúster Turismo de Galicia catro bolsas que cobren o 100% do aloxamento na súa residencia para quen desexe cursar o Curso Superior de Chef en Cociña e Pastelería, unha nova titulación dun ano de duración. Aínda quedan 3 dispoñibles, abertas a calquera interesado. As bolsas están dirixidas a aqueles que buscan formarse nunha das institucións de referencia en hostalería e gastronomía, tanto en Galicia como a nivel internacional.

 

O curso, que conta con 24 prazas dispoñibles, ofrece 1.000 horas de formación, das cales o 80% son prácticas. Os alumnos terán a oportunidade de realizar prácticas de tres meses en restaurantes de primeiro nivel, asistir a 17 masterclass impartidas por chefs con Estrela Michelin e outros referentes en tendencias gastronómicas, así como realizar visitas a empresas e participar en actividades con produtores locais. Ademais, o curso culmina cun proxecto final no que os estudantes, organizados en pequenos grupos, xestionarán un restaurante á carta durante unha semana, poñendo en práctica todo o aprendido.

 

Para optar a unha destas bolsas, os candidatos deben cumprir con certos requisitos: ter polo menos seis meses de experiencia no sector hostaleiro e superar unha entrevista persoal, que pode realizarse de maneira presencial ou a distancia. Ademais das bolsas para aloxamento, o CSHG ofrece outras axudas por renda e por expediente académico, que poden cubrir ata o 80% do custo da matrícula.

 

A matrícula para este curso permanecerá aberta ata o mes de setembro. As persoas interesadas en solicitar unha destas bolsas deben enviar un correo electrónico a secretariatecnica@clusterturismogalicia.com, indicando o seu nome completo, teléfono e correo electrónico. As solicitudes serán atendidas por orde de chegada e, no caso de que se reciban máis solicitudes que prazas dispoñibles, os candidatos serán postos en lista de espera, dado que a selección final corre a cargo do CSHG.

 

Para máis información ou para realizar a matrícula, os interesados poden consultar o folleto informativo da formación, ou ben contactar directamente co centro por correo electrónico en info@cshg.es, por teléfono ao + 981 542 593 / + 34 981 242 559 ou por WhatsApp no +34 689 191 007.