A revolución da IA no sector turístico

  • Un terzo das empresas do sector xa utiliza esta ferramenta para xestionar as súas reservas.
  • A mellora da experiencia do cliente, unha das principais razóns para a súa adopción.

O sector turístico está a experimentar unha transformación significativa grazas á integración da intelixencia artificial (IA). Segundo un informe de Minsait (Indra), o 80% das empresas do sector xa emprega IA nalgún aspecto das súas operacións, destacando a mellora da experiencia do cliente como unha das principais razóns para a súa adopción.

 

Un terzo das empresas turísticas están a experimentar coa IA para optimizar a xestión de reservas e a venda de servizos. Esta tecnoloxía permite a implementación de sistemas de recomendación hiperpersonalizados que melloran a experiencia do cliente desde a fase de planificación da viaxe. Ademais, un 33% das organizacións emprga a IA para xestionar operacións loxísticas e de hospedaxe, así como para promover destinos turísticos.

 

Esta tecnología tamén está a xogar un papel crucial na xestión sostible do sector turístico. Un dos casos de uso máis destacados é a implementación de sistemas de xestión ambiental intelixente en hoteis, o que permite unha administración máis eficiente dos recursos e a redución do impacto ambiental. Estes sistemas axudan a controlar e optimizar o uso de enerxía, auga e outros recursos, aliñándose cos obxectivos de sustentabilidade do sector.

 

Ademais da xestión de reservas e a sustentabilidade, a IA utilízase noutras áreas do turismo. Un 22% das empresas emprégana para mellorar a experiencia do cliente no destino, xestionar frotas e rutas, e administrar inventarios.

 

A publicación revela que un 40% das empresas consideran que a mellora do coñecemento, a relación e a experiencia do cliente é unha das principais motivacións para integrar a tecnoloxía. O 67% das empresas do sector ven na IA unha ferramenta clave para mellorar estes aspectos.

 

O informe “IA: radiografía dunha revolución en marcha” de Minsait conclúe que a IA ten un impacto significativo na cadea de valor do turismo. Desde a identificación de tendencias emerxentes ata a xestión de reservas e o marketing, a IA está a transformar cada aspecto do sector. As análises preditivas, os sistemas de recomendación e os chatbots están a personalizar as interaccións cos clientes, aumentando a conversión e a fidelización.