Galicia, situada ao noroeste de España, é un destino sorprendente para o viaxeiro: valiosos recursos naturais, unha rica biodiversidade e elementos patrimoniais únicos distribúense por todo o territorio galego configurando unha oferta turística única e singular.
O viaxeiro que aposte por Galicia poderá descubrir o territorio da man dos mellores profesionais. Existen numerosas axencias de viaxe de receptivos locais especializadas en deseñar itinerarios a través dos que mergullarse na esencia da rexión, destacando a profesionalidade e calidade dos seus servizos.