Co obxectivo de captar navegantes do norte de Francia para os portos galegos, unha nutrida reperesentación do sector náutico galego acude ao Salón Naútico Grand Pavois que se celebra ata o 21 de setembro en La Rochelle, Francia. Turismo de Galicia, que estará presente xunto con Portos de Galicia, manterá nesta feira especializada un stand desde o que difundirá e dará a coñecer as instalación e servizos náuticos de Galicia, así como os recursos e os produtos turísticos relacionados co turismo náutico. A Asociación de Clubes Náuticos de Galicia (Asnauga) e a Asociación de Empresas Concesionarias de Puertos Depotivos- Marinas de Galicia tamén están presentes neste evento, un dos principais escaparates para a promoción da náutica deportiva en Francia, xunto co Salón Náutico de París, que se celebrará entre os días 5 e 13 de decembro.
Ademais de ofrecer información específica, estes encontros especializados serven para establecer relación cos operadores turísticos especializados de Francia, un país no que a náutica conta cun gran desenvolvemento.