Pontevedra e Ourense adhírense á rede estatal de Destinos Turísticos Intelixentes

Pontevedra e Ourense adhírense á rede estatal de Destinos Turísticos Intelixentes

A Deputación de Pontevedra e Ourense participaron en senllas reunións de presentación da Rede Estatal de Destinos Turísticos Intelixentes, un proxecto para a modernización tecnolóxica deste sector turístico na que está integradas as provincias de Ourense e Pontevedra. Esta rede estatal, que nace con 68 destinos turísticos de toda España, funcionará como un órgano operativo a través do que se vai a mellorar a experiencia do turismo mediante a innovación e sustentabilidade. Ademais, desde a rede tamén se vai a asesorar sobre calidade, solucións tecnolóxicas e capacitación dixital, así como ofertar mellores experiencias para os visitantes e mellorar a calidade de vida das persoas residentes nos destinos turísticos.

Ourense e Pontevedra quedan así incluídas dentro da nova Rede DTI, a través da Deputación de Ourense no caso da provincia termal e a través da Deputación de Pontevedra e dos concellos de Sanxenxo e O Grove, no caso da provincia pontevedresa. Estes últimos presentaron un proxecto conxunto para formar parte desta iniciativa estatal coa que se traballará conxuntamente no impulso de proxectos de turismo intelixente, fomentando a cooperación e a acción conxunta dos integrantes, o asesoramento aos destinos en proceso de transformación dixital, a análise de retos e problemáticas comúns ou a busca de solucións, tanto tecnolóxicas como de estratexia para os seus xestores, entre outros.

Neste sentido, o vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, Jorge Pumar destacou o proxecto “Hai un Ourense para ti. Descúbreo”, derivado do proxecto “Provincia Intelixente”, incluído no Plan Ourense 15-19, que logrou atraer para a provincia unha inxección económica de tres millóns de euros na convocatoria de axudas de Destinos Turísticos Intelixentes de Rede.es.

Pola súa banda Sanxenxo e O Grove presentaron un proxecto conxunto a unha liña de axudas convocada pola Sociedade Mercantil Estatal para a Xestión da Innovación e as Tecnoloxías Turísticas, (Segittur), para converterse en destinos intelixentes, outorgando prioridade ás novas tecnoloxías e os soportes dixitais. Cun orzamento de 1.489.996 euros, dos que resultaron subvencionables 893.997, que representa un 60% do proxecto, correndo a cargo de Sanxenxo e O Grove o 40% restante, o proxecto porá en marcha acciones como unha praia intelixente en Silgar, adaptada en canto a equipamento, parámetros ambientais, confort, accesibilidade e posibilidades de interacción co usuario ou parking intelixente que facilite a mobilidad dos usuarios, pondo en marcha un proxecto piloto de intermovilidad coche bicicleta.