Bases da convocatoria para o reto “7 días, 7 parques”

Bases da convocatoria para o reto “7 días, 7 parques”

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, coa colaboración do Clúster de Turismo de Galicia, pon en marcha a campaña promocional “7 días, 7 parques”.

Esta campaña ten como principal obxectivo dar a coñecer e contribuír á posta en valor dos 6 parques naturais de Galicia (Fragas do Eume; Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán; Monte Aloia; Serra da Enciña da Lastra; Ou Invernadeiro; Baixa Limia-Serra do Xurés), así como o Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas.

O Reto proposto consiste en visitar os parques sinalados e selar o pasaporte da campaña “7 días, 7 parques”. Os 20 primeiros que visiten antes de 30 de setembro de 2022 estes sete espazos naturais serán premiados cunha fin de semana para dúas persoas nun dos establecementos hostaleiros da Rede de Turismo de Galicia localizados na contorna dos parques.

A continuación poden consultar as Bases do reto “7 días, 7 parques”.