Viaxes National Geographic selecciona as 14 praias galegas máis bonitas

Con máis de 1.500 quilómetros de costa, Galicia alberga algunhas das praias máis fermosas de España, onde a natureza salvaxe, a historia e a tranquilidade se funden. Desde areais escondidos entre cantís ata grandes praias urbanas, a comunidade ofrece un abanico único de paisaxes mariñas ideais para calquera época do ano. Esta é a selección de Viaxes National Greographic:

 

  1. Praia de Carnota (A Coruña)

O areal máis longo de Galicia, con 7 km de natureza virxe, dunas e vistas impoñentes ao Monte Pindo.

 

  1. Praia de Menduíña (Pontevedra)

Pequena e familiar, está situada na Ría de Aldán, con augas cristalinas e fácil acceso para todos os públicos.

 

  1. Praia de Covas (Lugo)

Praia urbana en Viveiro, ideal para familias, cunha contorna tranquila e formacións rochosas históricas coma Os Castelos.

 

  1. Praia de Xilloi (Lugo)

Areal semiurbano e rodeado de natureza no Vicedo, con dunas, aves migratorias e vistas ao porto de Bares.

 

  1. Praia de Rodas (Illas Cíes, Pontevedra)

Un paraíso galego de area branca e augas turquesa que une dúas illas e foi recoñecida a nivel europeo.

 

  1. Praia da Lanzada (Pontevedra)

Mítica polas súas ondas e a súa lonxitude, é perfecta e amantes dos grandes areais abertos ao Atlántico.

 

  1. Praia das Catedrais (Lugo)

Famosa polos seus arcos naturais de roca, esta marabilla xeolóxica é unha das máis visitadas de Galicia.

 

  1. Area Maior (A Coruña)

Situada en Muros, combina dunas, lagoa e vistas ao Monte Louro nun das paisaxes costeiras máis fotoxénicas.

 

  1. Praia do Vao (Pontevedra)

A escasos quilómetros de Vigo, ofrece augas cristalinas, vexetación, historia romana e unha cala nudista próxima.

 

  1. Praia de Melide (Illa de Ons, Pontevedra)

É a máis grande da illa e un referente do nudismo galego, con acceso só a pé e vistas de postal.

 

  1. Praia de Laxe (A Coruña)

De area branca e augas acougadas, está integrada no centro urbano da vila mariñeira e ben equipada.

 

  1. Praia Mar de Fora (A Coruña)

En Fisterra, ofrece unha contorna salvaxe ideal para pasear, aínda que as súas correntes requiren precaución.

 

  1. Praia de Arealonga (A Coruña)

Situada xunto ao Castro de Baroña, combina historia, nudismo e natureza en estado puro.

 

  1. Praia da Frouxeira (A Coruña)

Con máis de tres quilómetros de area e fama de ter augas “milagrosas”, é un clásico en Valdoviño.