Os destinos nacionais volven ser os máis desexados para pasar estas vacacións de Pascua

Boa parte dos españois que están a pensar en viaxar esta semana Santa eligerían a capital galega, segundo unha enquisa publicada por JetCost. Nela Compostela entra no ranking dos 30 destinos máis buscados do mundo polos turistas nacionais para estes días. Ademais de Santiago, outras 12 cidades españolas (Madrid, Barcelona, Málaga, Sevilla, Palma de Mallorca, Tenerife, Gran Canaria, Alacante, Valencia, Lanzarote, Eivissa e Bilbao) atópanse entre o trinta máis buscadas para pasar as vacacións de Semana Santa (entre o 12 e o 22 de abril de 2019) polos usuarios do buscador de voos e hoteis www.jetcost.es. Os que prefiren viaxar ao estranxeiro, optarían por grandes capitais europeas, como Londres, París, Roma, Ámsterdam, Bruxelas, Berlín ou Lisboa. A capital cubana, Nova York e Miami son os destinos de longa distancia preferidos.

Os destinos que combinan o atractivo dunha gran cidade, coas procesións (a compostelá está declarada Festa de Interese Turístico de Galicia), os seus museos, a súa grandiosa Catedral e a súa magnífica gastronomía son, unha vez máis, os favoritos dos viaxeiros españois, isto fai que Santiago sexa a cidade número 29 do mundo máis solicitada para pasar estes días de vacacións.

Jetcost analiza regularmente as procuras que se realizan na súa web do que deducen que ?o interese dos españois por Santiago de Compostela non decae en ningunha época do ano. Naturalmente, os períodos vacacións un pouco máis longos, como é a Semana Santa e o inicio da Pascua, fan aumentar as procuras e as reservas. E, polo que se ve, os turistas seguen querendo procesións, cultura, gastronomía, bos hoteis e infraestruturas, e todo iso ofréceo Santiago, que unha vez máis foi das cidades máis buscadas polos turistas nacionais”.

05 de Abril de 2019

Santiago entre as cidades máis buscadas polos españois para pasar a Semana Santa, segundo Jetcost

Os destinos nacionais volven ser os máis desexados para pasar estas vacacións de Pascua Boa parte dos españois que están a pensar en viaxar esta semana […]
28 de Marzo de 2019

Galicia ocupa o sexto posto no ranking de valoracións dos viaxeiros no estudo anual de Tripadvisor

O portal de viaxes recolle que Canarias, A Rioxa, Andalucía, Asturias, Estremadura e Baleares son as rexións españolas mellor valoradas Os restaurantes das Illas Canarias, Baleares […]
21 de Marzo de 2019

Galicia mellora no ranking de competitividade turística elaborado por Exceltur

O informe sobre competitividade das comunidades autónomas pon o foco na falta de compromiso político cun sector económico fundamental para o país O cambio de ciclo […]
28 de Agosto de 2017

Navarra, Asturias e Galicia son as comunidades autónomas mellor valoradas para facer turismo rural, segundo Toprural.

Segundo publica o portal especializado en turismo rural, TopRural a partir da análise de 261.357 opinións publicadas no buscador ‘en liña’ de aloxamentos rurais, Navarra, Asturias […]