Os máis de 16.000 bonos turísticos da edición 2025 do programa #DescubreGaliciaEnOutono xa están en funcionamento e poderán gozarse ata o 25 de decembro. Esta iniciativa da Xunta de Galicia ten como obxectivo dinamizar a actividade do sector durante os meses de menor afluencia, impulsando as escapadas de proximidade e fomentando a desestacionalización do turismo.
Grazas ao cofinanciamento do 40 %, cada bono adquirido por 90 euros permite consumir servizos turísticos por un valor de 150 euros nos establecementos adheridos, mobilizando deste xeito millóns de euros no sector.
Aínda que os bonos dispoñibles esgotáronse en apenas 72 horas tralo seu lanzamento, o programa continúa aberto para o tecido empresarial. Os establecementos turísticos e axencias de viaxes interesadas aínda poden adherirse ata o 1 de decembro, a través da plataforma oficial bonoturismo.gal.
Con esta medida, Galicia afianza a súa estratexia de posicionarse como un destino atractivo durante todo o ano, consolidando a aposta por un modelo turístico sostible, de calidade e vinculado ao territorio.