A Xunta de Galicia xestionará case 8,5M€ de fondos Next Generation para impulsar as competencias dixitais e a eficiencia enerxética no sector turístico

A Xunta de Galicia xestionará case 8,5M€ de fondos Next Generation para impulsar as competencias dixitais e a eficiencia enerxética no sector turístico

  • O prazo de execución será ata 2026.

 

Xosé Meirelles, o director de Turismo de Galicia, participou na Conferencia Sectorial de Turismo, onde se aprobou o reparto dos fondos europeos Next Generation entre as Comunidades Autónomas.

 

A Xunta de Galicia executará o Plan de Competencias Dixitais, cun investimento próximo aos 2,5 millóns de euros, e unha previsión de formación de 982 profesionais do sector mediante a realización de cursos de 150 horas.

 

Tamén se aprobou unha nova convocatoria do plan de eficiencia enerxética, eliminando os requisitos de aforro enerxético do 30% e incorporando á subvención a enerxía fotovoltaica. Desta partida, procedente da Unión Europea, Galicia xestionará 5,5 M€.